Concello de SantiagoEntre Sar e SarelaEntre Sar e Sarela Logo
Entre Sar e Sarela
Entre Sar e Sarela
Entre Sar e Sarela
Entre Sar e Sarela
Entre Sar e Sarela

Entre Sar e Sarela

Un proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e
consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela.

Renaturalizar e
conectar Compostela

Renaturalización urbana

A nosa misión é restaurar e protexer os ecosistemas fluviais e urbanos, promovendo corredores ecolóxicos que fortalezan a conexión entre a natureza e a vida diaria da cidadanía. Este proxecto exemplar non só contribúe á resiliencia urbana fronte ao cambio climático, senón que tamén mellora a calidade de vida ao proporcionar espazos verdes accesibles e sostibles para todos e todas.

Accións do proxecto

  • Deseño da Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático.
  • Cinco actuacións de renaturalización:
    • Barrio verde de Pontepedriña.
    • Lagoa do Auditorio, río Corgo e arredores.
    • Barrio de Cornes.
    • Xardín Botánico.
    • Monte Viso.
  • Accións transversais de gobernanza e participación, comunicación e sensibilización e medición e seguimento.
Coñece o proxecto e as actuaciónsExplorar proxecto

Compostela está a transformar o seu modelo de cidade, máis verde e adaptada ao cambio climático, co proxecto "Entre Sar e Sarela".

O obxectivo é mellorar a habitabilidade e a sustentabilidade da cidade grazas á renaturalización dos espazos públicos, ao aumento da biodiversidade e á conexión ecolóxica do espazo urbano cos espazos naturais do Anel Verde Exterior que forman os ríos Sar e Sarela.

O proxecto está impulsado polo Concello de Santiago en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea NextGenerationEU.

Sendeiro no bosque

Onde se ubican as
actuacións

As cinco actuacións do proxecto están ubicadas no Anel Verde Exterior de Santiago de Compostela, que forman os ríos Sar e Sarela.

As accións sitúanse no bordo inmediato da cidade, consolidando o cinto verde, así como na cidade, introducindo a natureza na trama urbana; sempre ligadas aos espazos húmidos dos ríos Sar, Sarela e Corgo, áreas altamente vulnerables para os efectos do cambio climático.

Preme no mapa para coñecer as cinco áreas onde se ubican as actuacións do proxecto "Entre Sar e Sarela" e accede ao detalle de cada unha delas.

Ver mapa

Actuacións do plan de
renaturalización

Pontepedriña

Barrio Verde de Pontepedriña: Renaturalización do quinteiro e creación dun corredor ecolóxico urbano

Leer más
Lagoa do Auditorio

Naturalización da lagoa do Auditorio de Galicia, restauración fluvial do río Corgo e mellora ecolóxica das áreas verdes contiguas

Leer más
Xardín Botánico

Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ambiental e creación do Laboratorio Vivo Urbano Agroecolóxico no Xardín Botánico

Leer más
Barrio de Cornes

Consolidación do Anel Verde Exterior. Recualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes

Leer más
Monte Viso

Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ecolóxica e fomento da biodiversidade no Monte Periurbano Viso

Leer más