
Transformar un espazo pensado para os coches para convertelo nun auténtico corredor ecolóxico, no que a auga poida fluír e se creen camiños e espazos de estancia en conexión coa natureza.
As actuación de mellora buscan renaturalizar todo o quinteiro, crear un corredor ecolóxico urbano e implementar un novidoso sistema de xestión da auga de chuvia para incorporala ao río Sar libre de residuos.
O ámbito de actuación está formado polo quinteiro do barrio de Pontepedriña, entre a rúa Amor Ruibal, a praza Pintor Laxeiro e a rúa do Escultor Camilo Otero, que limita co Parque Eugenio Granell. Unha zona que conta cunha elevada porcentaxe de espazo público destinado ao tráfico rodado.


A actuación Barrio Verde de Pontepedriña: Renaturalización do quinteiro e creación dun corredor ecolóxico urbano do proxecto "Entre Sar e Sarela" conta cun orzamento de:
O proxecto “Entre Sar e Sarela” conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.