Concello de SantiagoEntre Sar e SarelaEntre Sar e Sarela Logo
Proxecto
"Entre Sar e Sarela"

Proxecto
"Entre Sar e Sarela"

Renaturalizar Compostela dende as marxes ata o corazón, conectando
o Anel Verde co tecido urbano.

Un modelo de cidade máis
habitable e sustentable

"Entre Sar e Sarela" é o proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela, impulsado polo Concello de Santiago en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Un modelo de cidade máis
habitable e sustentable

O proxecto “Entre Sar e Sarela” conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea NextGenerationEU.

Obxectivos

Santiago é verde e azul. Por iso estase a mudar o deseño urbano para mellorar a dimensión ambiental da cidade:

  • Renaturalizando o espazo urbano.
  • Aumentando a biodiversidade.
  • Impulsando a recuperación e a conectividade do espazo urbano co medio rural, forestal e fluvial.
  • Desenvolvendo a infraestrutura verde a nivel local.
  • Mellorando as condicións de adaptación da cidade e dos seus habitantes ante o cambio climático.

Os obxectivos principais son:

  • Impulsar a renaturalización urbana do Anel Verde Exterior, que forman os ríos Sar e Sarela, e a conectividade ecolóxica coa trama urbana.
  • Rexenerar e recualificar áreas degradadas para mellorar a habitabilidade.
  • Reforzar os ecosistemas naturais.
  • Incorporar solucións baseadas na natureza para aumentar a resiliencia do espazo urbano.

Orzamento

Orzamento total:

3.803.774,92 € + IVE

Importe da axuda da Fundación Biodiversidade:

3.613.586,17 € + IVE

Orzamento

Accións

Accións

O proxecto "Entre Sar e Sarela" divídese en varias áreas de traballo: a elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde, a execución de cinco actuacións no territorio e o desenvolvemento de accións transversais.

Accións de estratexia e planificación

Elaboración da Estratexia de Infraestructura Verde

Elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Santiago de Compostela.

Accións de implementación de actuacións no territorio

Pontepedriña

Barrio Verde de Pontepedriña: Renaturalización do quinteiro e creación dun corredor ecolóxico urbano

Leer más
Lagoa do Auditorio

Naturalización da lagoa do Auditorio de Galicia, restauración fluvial del río Corgo e mellora ecolóxica das áreas verdes contiguas

Leer más
Xardín Botánico

Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ambiental e creación de Laboratorio Vivo Urbano Agroecolóxico no Xardín Botánico

Leer más
Barrio de Cornes

Consolidación do Anel Verde Exterior. Recualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes

Leer más
Monte Viso

Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ecolóxica e fomento da biodiversidade no Monte Periurbano Viso

Leer más

Accións transversais

Plan de participación e gobernanza

Plan de participación e gobernanza, comunicación e sensibilización e medición e seguimento.