
Conservar os valores ecolóxicos do Xardín Botánico e crear espazos accesibles e de lecer para o uso público na contorna do corredor ecolóxico do río Sarela.
A actuación procura a conservación e a restauración do corredor ecolóxico fluvial do río Sarela e da carballeira autóctona adxacente, a mellora ecolóxica da penedía, o establecemento dun laboratorio vivo mediante a plantación de árbores froiteiras e o acondicionamento da rede de carreiros internos das áreas verdes e zonas de estancia.
O ámbito de actuación engloba unha área de 44.300 metros cadrados no espazo coñecido como Xardín Botánico, un conxunto de parcelas situado no SW da cidade, anexo ao Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Os terreos integran unha parte do corredor do río Sarela e antigas parcelas agrícolas.


A actuación Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ambiental e creación do Laboratorio Vivo Urbano Agroecolóxico no Xardín Botánico do proxecto "Entre Sar e Sarela" conta cun orzamento de:
O proxecto “Entre Sar e Sarela” conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.