
Transformar a Área Verde do Auditorio de Galicia para incrementar o seu valor ecolóxico e a conectividade entre o Anel Verde e a trama urbana, naturalizar a lagoa artificial do auditorio e restaurar o río Corgo.
A actuación busca mellorar as condicións da natureza e da biodiversidade das áreas verdes e das zonas fluviais da contorna do Auditorio de Galicia, reforzando o seu valor ecolóxico como núcleo da infraestrutura verde local.
O ámbito de actuación comprende un total de 26.500 metros cadrados de área verde do Auditorio de Galicia, que inclúe a lagoa do Auditorio cuxas augas proveñen do río Corgo, a Finca de Lois e o Parque da Avenida Burgo das Nacións, áreas en contacto directo co Anel Verde Exterior.


A actuación Naturalización da lagoa do Auditorio de Galicia, restauración fluvial do río Corgo e mellora ecolóxica das áreas verdes contiguas do proxecto "Entre Sar e Sarela" conta cun orzamento de:
O proxecto “Entre Sar e Sarela” conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.