
Recuperar o barrio e a lagoa de Cornes para o goce da cidadanía e mellorar a conectividade ecolóxica do Anel Verde Exterior, a partir do parque Eugenio Granell.
Esta actuación persegue a restauración ambiental e a conservación da biodiversidade na área verde e na lagoa do barrio de Cornes, a redución do impacto das infraestruturas viarias, a mellora da conectividade ecolóxica co resto dos elementos da infraestrutura verde e a compatibilización do uso como espazo público coa recualificación da zona verde.
O ámbito de actuación comprende o espazo periurbano situado entre o Parque Eugenio Granell e o desenvolvemento urbanístico na contorna do antigo núcleo tradicional de Cornes, espazo delimitado entre a rúa Escultor Camilo Otero, o trazado da liña ferroviaria e a infraestrutura de circunvalación SC-20, contorna na que se atopa a lagoa natural.


A actuación Consolidación do Anel Verde Exterior. Recualificación e recuperación ambiental da área verde do Barrio de Cornes do proxecto "Entre Sar e Sarela" conta cun orzamento de:
O proxecto “Entre Sar e Sarela” conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.