Concello de SantiagoEntre Sar e SarelaEntre Sar e Sarela Logo
Monte Periurbano Viso

Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ecolóxica e fomento da biodiversidade no Monte Periurbano Viso

Recuperar os hábitats naturais desta área de especial valor ornitolóxico e mellorar as sendas do Monte Viso, cheas de personaxes lendarios e mitolóxicos.

Obxectivos

Obxectivos

Esta actuación pretende conservar e restaurar os hábitats de interese comunitario restaurando áreas de antigas plantacións forestais, permitindo a proliferación de especies autóctonas e compatibilizándoo co uso e lecer da cidadanía. Procúrase establecer este espazo como un elemento singular da Infraestrutura Verde de Santiago e do Anel Verde Exterior.

O ámbito de actuación comprende a área de cume do Monte Viso, nunha superficie de 8,5 hectáreas, nas que está presente unha ampla e diversa representación de distintos hábitats de interese comunitario.

Mapa da zona de actuación do Monte Pedrulheiro Viso
Actuacións

Actuacións

Eliminación de elementos alleos ao espazo.

Substitución de especies exóticas por árbores autóctonas: bidueiros, carballos, sobreiras, acivros e distintas especies arbustivas.

Instalación de caixas niño para aves e morcegos.

Creación de hoteis para insectos.

Reforzo das sendas interiores para facilitar o seu uso, dotándoas de medidas de accesibilidade universais.

Colocación de paneis informativos sobre os hábitats do monte.

Orzamento

Orzamento

Área de investimento do Monte Periurbano Viso

A actuación Consolidación do Anel Verde Exterior. Restauración ecolóxica e fomento da biodiversidade no Monte Periurbano Viso do proxecto “Entre Sar e Sarela” conta cun orzamento de:

  • Orzamento de obra:85.000 € + IVE
  • Orzamento total da actuación:125.542,31 € + IVE

O proxecto “Entre Sar e Sarela” conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Galería de imaxes