
Sistema de indicadores para o seguimento e avaliación dos obxectivos en cada unha das accións
O seguimento das accións de renaturalización do proxecto require dun sistema de indicadores para o seguimento e avaliación dos obxectivos en cada unha das accións. Deste xeito pódese coñecer a evolución dos resultados das actuacións de restauración e así poder realizar as adaptacións que fosen precisas en función dos obxectivos acadados.
O seguimento implica a necesidade de empregar indicadores para avaliar a diagnose ecolóxica e analizar os procesos ecolóxicos desexados ou non desexados e poder contrastar os efectos do cambio climático sobre un espazo determinado. Para medir o avance cara aos obxectivos recórrese a indicadores cuantitativos ou cualitativos que midan o estado ou a evolución do estado ecolóxico. Os indicadores permiten detectar as posibles desviacións dos obxectivos fixados e poder tomar decisións e implementar as medidas necesarias para corrixilas e realizar unha xestión adaptativa.
Os indicadores deben posuír varios atributos, entre os cales se deberían incluír: que sexan oportunos, excluíntes, prácticos, claros, explícitos, sensibles, verificables, medibles, entendibles, controlables, simples, adecuados e útiles. Baseándose nesas esas características débese procurar buscar indicadores que sexan comprensibles dende o nome do indicador ata a súa fórmula de cálculo e os recursos que se requiren na medición. Ademais deberían medir o que interesa de verdade medir e ser independentes entre si, permitindo unha sistematización que faga posible levar a cabo análises periódicas e colleitar a información con tempo para unha vez analizada permitir a toma de decisións.
Nos seguintes apartados podes consultar os indicadores de seguimento e avaliación para cada unha das accións de renaturalización:
Cos indicadores incluídos neste epígrafe aténdese á necesidade inicial de controlar os avances cuantitativos en materia de renaturalización urbana. Para estes efectos, procede expór un conxunto de indicadores que achegará información completa sobre como se está levando a cabo este proceso en cada unha das accións, ademais de poder comparar e agregar superficies con certa homoxeneidade.
En cada unha das accións realizanse medicións directas periódicas dos seguintes aspectos:
Este grupo de indicadores está vinculado á contribución do proxecto para incrementar o número e abundancia de especies de flora e de fauna no seu ámbito de acción. Tendo en conta que se trata de obxectivos a medio/longo prazo, resulta fundamental que estes se achen encadrados nunha estratexia local de renaturalización, que dea consistencia e continuidade ás solucións expostas.
En cada unha das accións realizanse medicións directas periódicas dos seguintes aspectos:
Este capítulo recolle o conxunto de indicadores dirixidos a medir a funcionalidade ecolóxica efectiva que realmente cabe atribuír a cada proxecto, en termos de conectividade. A determinación desta conectividade deberá asumirse á escala do proxecto (urbana, suburbana, quinteiro) e á súa vez considerar a súa integración nunha infraestrutura verde artellada, dende a local ata a rexional, á hora de prover servizos ecosistémicos de forma integral e eficaz. Os indicadores de conectividade preséntanse agrupados nas seguintes tres categorías:
Para os indicadores relativos á conectividade empréganse conceptos achegados pola Ecoloxía da Paisaxe que analiza a conectividade ecolóxica.
En cada unha das accións realizanse medicións directas periódicas dos seguintes aspectos:
Baixo este epígrafe explórase como a renaturalización urbana contribúe a reducir a vulnerabilidade de certos elementos do contorno urbano (poboación, bens e servizos, recursos hídricos, ecosistemas etc.) fronte ás ameazas climáticas que cabe prever poidan manifestarse no ámbito xeográfico do proxecto (soaquecemento, pluviais ou fluviais, exposición a temperaturas extremas, escaseza hídrica).
En cada unha das accións realizaranse medicións directas periódicas dos seguintes aspectos:
Ademais dos aspectos prioritarios anteriormente mencionados, existe outra serie de aspectos ambientais que poden verse positivamente impactados grazas á realización das accións previstas, tales como a calidade do aire, o ruído ambiental, a calidade das augas, a calidade das chans, a mitigación do cambio climático, ou a drenaxe urbana, incluíndo a conexión destes aspectos cos ámbitos da Saúde Pública.
En cada unha das accións realizaranse medicións directas periódicas dos seguintes aspectos:
Do mesmo xeito que no caso anterior, cabe esperar que as actuacións propostas no marco do presente convocatoria poidan dar lugar a melloras de carácter socioeconómico no seu ámbito de influencia. Contempláñase baixo este aspecto elementos como a xeneración de emprego verde, a democratización socioeconómica, a accesibilidade universal, a cohesión social, incluíndo a conexión destes aspectos coa Saúde Pública, mediante a promoción de modos de vida saudables.
En cada unha das accións realizaranse medicións directas periódicas dos seguintes aspectos: